A concelleira de Benestar Social, Marga Martín, tilda a decisión da Consellería de Traballo e Benestar de «inxusta e incomprensible».
O Goberno municipal denuncia mañá o trato discriminatorio que sofre a cidade de Ourense na adxudicación das subvencións que a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, concede aos concellos, para que se destinen
ás persoas beneficiarias da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
O Concello de Ourense conta na actualidade con 706 persoas beneficiarias destas axudas, das cales 211, serían susceptibles de ser atendidas mediante esta subvención. A pesar de ser
un municipio de gran población, e de cumprir todos os requisitos solicitados na convocatoria, a Xunta soamente lle concede á cidade de Ourense 140.000 euros, do total do invetimento de 1,5 millóns, o que soamente
posibilita axudar a 20 persoas en situación de RISGA.
Marga Martín, concelleira de Benestar Social, manifestou que «o único feito polo que soamente nos dan 20 contratos responde a unha actitude partidista da administración autonómica» e engadiu «se temos
a metade dos beneficiarios da provincia, nos debería corresponder, cando menos, a metade das axudas».
O Goberno municipal reclama da Xunta de Galicia un trato igual co resto dos concellos nun tema tan importante como o benestar social e máis, no caso dos beneficiarios destas axudas.
Martín tamén fixo referencia ao orzamento que se destina neste exercicio: «Cando fan referencia a que se incrementou un 100% a inversión é porque no
exercicio 2014, non sacaron ningunha para os perceptores de RISGA, e foi o propio Concello o que se fixo cargo en solitario de apoiar ás persoas con rendas baixas e en risco de exclusión», afirmou Martín.
Así, das máis de 200 persoas que deberían verse beneficiadas por esta aportación da Xunta de Galicia, «soamente se poderá apoiar a 20