No terceiro acto sectorial organizado polo PPOU o candidato analizou cos responsables das asociacións de servizos asistenciais da cidade as necesidades precisas no ámbito do benestar social.
Unha vintena de responsables das asociacións do ámbito asistencial da cidade compartiron un encontro no que estivo presente o candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez; acompañado pola ex concelleira Noelia Pérez e polo edil Miguel Abad, tamén secretario executivo do PPOU no ámbito dos servizos sociais.
Jesús Vázquez, tras unha breve presentación, cedeulle o protagonismo do acto a todos os asistentes, co fin de coñecer de primeira man as peticións dos responsables dos organismos presentes. «Quero saber exactamente qué vos gustaría na relación entre a Administración Local e as entidades asistenciais da cidade. Sempre en positivo e co fin de facer un Ourense mellor para todos».
A accesibilidade foi unha das cuestións primordiais. Moitos dos locales das asociacións, así como moitas dependencias municipais, non teñen a debida adecuación ás necesidades de mobilidade dun gran número de persoas. «Unha cidade accesible é para todo o mundo», sinalaron.
Os convenios municipais coas asociacións tamén se abordaron na reunión, coa necesidade de primar a obxectividade e a transparencia na concesión dos mesmos, xa que éstos son básicos para que as asociacións poidan desenvolver as súas actividades. Neste senso, Jesús Vázquez lembrou que unha das claves da xestión política é a adecuación técnica aos proxectos.
No caso particular das persoas xordas, a presidenta da asociación recalcou a necesidade de contar con intérpretes, claves para a comunicación dos asociados, algo que se ve recortado en función da rebaixa nos devanditos convenios co Concello.
Precisamente, nesta cuestión económica, Jesús Vázquez deixou claro que a Administración local debe ser o suficientemente áxil como para ter os orzamentos aprobados en tempo de forma e que, deste xeito, os convenios sexan aprobados a principio de ano, co fin de que as asociacións saiban dende o primeiro momento a cantidade exacta de axudas coas que van contar para desenvolver as súas actividades anuais.
O diálogo constante foi outra das peticións formuladas no acto sectorial, algo ao que se comprometeu o candidato popular. «Queremos que durante se nos escoite e se nos teña en conta antes e despois das Eleccións Municipais. Moitas veces temos necesidades que non son especialmente económicas, por eso o diálogo é fundamental», recalcaron os asistentes. «As asociacións debemos ter reunións periódicas, porque temos moitas reivindicacións que son comúns, e a participación entre nós redundará en que as nosas necesidades teñan máis forza». E tamén lle pediron que as reunións cos colectivos e Jesús Vázquez «teñan unha periodicidade a partir do 24 de maio, sexa cal sexa o papel que che toque representar no Concello».
A transversalidade nas actuacións que leva a cabo o Concello foi outro dos aspectos que se puxeron enriba da mesa no acto sectorial, así como a flexibilidade nas mesmas. «A xente o que quere é que lle resolvan os seus problemas», recalcou Jesús Vázquez neste asunto. Tamén deixaron clara as asociacións participantes na necesidade de que a Comisión de Benestar Social sexa participativa dun xeito real. «Queremos normalidade, e que a persoa coa que falemos do Concello nos vaia resolver os nosos problemas», concluiron.