O vindeiro mércores 25 as 17.30 horas realizarase unha plantación de árbores polas rapazas e rapaces que asisten aos Centros de Mediación Social de Cruz Vermella Ourense organizada pola A.VV As Termas coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente.
Co obxectivo de conmemorar o día forestal mundial que esta fixado o 21 de marzo concienciando as rapazas e rapaces da importancia das árbores no ecosistema realizarase o vindeiro mércores as 17.30 na traseira do Centro Cívico de A Ponte a plantación de diversas árbores.
En dita actividade, organizada pola Asociación Veciñal “As Termas” e coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente de Ourense, participarán rapazas e rapaces dos Centros de Mediación Social que Cruz Vermella Ourense realiza no barrio de Vivendas Sociais xunto a estación de autobuses.
Con esta plantación a zona verde do Centro Cívico de A Ponte pasará a contar de novos espazos de sombra demandados polos veciños que complementara a novos bancos instalados recentemente.