Na primeira Subida a Montealegre congregou a máis de 60 participantes que se atreveron a percorrer 3km cunha rampa media do 9%, chegando nalgún momento ao 24,9%.
Os competidores foron saíndo desde a meta -fonte dos Caños, por enriba do cemiterio de San Francisco- cada 15 segundos, a modo de contrarreloxo.
O máis rápido na categoría masculina foi José Ramón Rodríguez que rematou cun tempo de 14 minutos e 33 segundos. Tras el, e con dous segundos de diferenza chegou Severino Correa (14:35 minutos). Terceiro foi Ramón Rodríguez con 14:38 minutos.
En categoría feminina a máis rápida foi Silvia Rodríguez, quen parou o crono en 18 minutos e 8 segundos. Co mesmo tempo (18:08) entrou en meta Ana Isabel Soutullo. E a terceira muller no caixón foi María Botana a pouco máis dun minuto das primeiras (19:10 minutos).
Unha subida a Montealegre moi dura pero que deixou un bo sabor de boca entre os participantes, quenes xa pediron á organización que teña continuidade no calendario de eventos deportivos organizados polo Consello Municipal de Deportes de Ourense.
Correndo por Ourense
Esta proba foi a antesala do circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense» que chegará no mes de abril. A primeira cita do circuíto será o domingo 26 de abril no barrio do Vinteún.