Por primeira vez terá lugar a iniciativa de conciliación ‘Kero-Pascua’, destinada a menores con idades comprendidas entre os dous e cinco anos.

 

A mesma terá lugar os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril no Pavillón Municipal de Deportes de Verín (R/Irmáns Moreno). Trátase dun espazo para facilitar a conciliación laboral e familiar nestas datas festivas de Semana Santa, que se desenvolverá de 11 a 13 horas, e no que os nenos participarán en actividades lúdico-educativas co obxecto de potenciar actitudes como cooperación, igualdade, autonomía ou creatividade, entre outras.

Para participar nesta iniciativa, con prazas limitadas, é necesario inscribirse no servizo de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude. Avda de Portugal 11, bis. Teléfono: 988 414 776) ou na Escola de Familia Municipal (Rúa Rosalía de Castro 4. Teléfono: 988 411 468).