O Ecoespazo O Rexo, ubicado en Allariz, abre de novo as súas portas para todo aquel que desexe visitalo. En Semana Santa haberá visitas guiadas cada 45 minutos.

 

Este paraxe natural, da Fundación Ramón González Ferreiro, é unha das mellores opcións de ocio para toda a familia na comarca de Allariz. Coa chegada do bo tempo O Rexo retoma a súa oferta de visitas guiadas, que durante a Samana Santa serán cada 45 minutos, e para as que non é preciso facer reserva. Ademais, este percorrido inclúe a degustación de queixo elaborado na propia instalación.

Os interesados poderán visitar O Rexo os días 2, 3 e 4 de abril de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. O domingo 5 só abrirán en horario de mañá. Para recibir máis información poden dirixirse ao 988 44 11 75 ou a info@fundacionrgf.com.

Curso de inglés para hostaleiros
A Fundación Ramón González Ferreiro organiza, así mesmo, un curso de inglés práctico para profesionais da hostelaría. No mesmo, con 12 horas de duración, os participantes adquirirán os coñecementos básicos para a atención á clientela extranxeira.
O curso impartirase a partir do 7 de abril, martes e xoves en dous turnos, de mañá (de 10 a 11.30 horas) e de tarde (de 20 a 21.30 horas). A organización ofrece a posibilidade de alternacia de horarios e incluso outros alternativos.

Para máis información os interesados poden contactar coa Fundación Ramón González Ferreiro, no 988 43 61 82 ou en info@fundacionrgf.com.