Agardan oito días de paixón para a Unión deportiva Ourense nas que buscará manterse invito na Liga e acceder á final da Copa Deputación B.
A UD Ourense visita este domingo a partir das 17 horas o campo de Macendo para enfrontarse ao Castrelo na xornada número 25 do grupo 13 da Terceira Rexional.
O Castrelo de Miño ocupa a 12ª posición con 18 puntos, polo que os homes de Antonio Dacosta tentarán manter esa racha vitoriosa que levan desde que comezou a tempada.
Arcos
O Arcos abandonou a competición polo que ao resto de equipos lles quitarán os puntos obtidos (e os goles) contra os de Carballiño na segunda volta -os da primeira volta non se quitan-. Por ese motivo á UD Ourense quitáronlle os tres puntos e sete goles, polo que agora ten 63 puntos e 127 goles a favor.
Copa
Se importante é manter a racha de vitorias, máis importante é, se cabe, a eliminatoria de Copa fronta A Peroxa. Os unionistas xogarán na Peroxa o Xoves Santo (día 2 de abril) o partido de volta, e tres días máis tarde (domingo 5 de abril) o de volta no estadio do Couto. A ilusión de directivos, corpo técnico e plantilla e poder xogar no estadio do Couto a final copeira.
Asamblea
O vindeiro xoves 9 de abril haberá unha Asamblea Extraordinaria da UD Ourense. Terá lugar en primeira convocatoria ás 20 horas no edificio administrativo da Xunta de Galicia (casa de chocolate), e en segunda convocatoria ás 20.30 horas. Os puntos do día será a inclusión na directiva do adestrador, Antonio Dacosta e modificar algún punto dos estatutos. Queren que sexan os socios os que decidan que se fai coa diferenza de cartos (70 euros) que puxeron os socios con respecto aos abonados.