A decisión foi tomada tendo en conta as peticións dos comerciantes da vila.
A celebración da tradicional xornada de feira que ten lugar en Verín os días 3 de cada mes, mudo en abril ao sábado 4, xa que nesta ocasión coincide co Venres Santo. Esta decisión foi acordada tras a realización dunha enquisa por parte da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER-CCU Verín) na que os comerciantes da localidade decidiron escoller esa data.