Os galeguistas denunciaron fai un ano que o Concello realizaba un gasto anual de 9.000 euros en carburante na gasolineira da que é copropietario Luciano Rivero.
Compromiso por Galicia esixe a renuncia do alcalde de Culedro, por facer no concello o mesmo polo que dimitiu na Deputación de Ourense.
O voceiro de Compromiso en Cualedro, Eduardo Carnero, lembra que “xa hai mais dun ano, denunciamos publicamente que todo o gasto de carburante do Concello, máis de 9.000 euros ao ano, se facía na gasolineira da que é copropietario Luciano Rivero, feito que considerabamos ilegal ademáis de pouco ético”.
Pérez Bouza, coordinador dos galeguistas en Ourense, demándalle ao presidente do PP, Xosé Manuel Baltar, que “igual que lle esixiu a súa renuncia como deputado provincial, lle esixa que dimita como alcalde, dado que os feitos son exactamente os mesmos e que as responsabilidades non se deben asumir en función da existencia ou non de Códigos Éticos, senón de principios e valores, pero ademais ante situacións idénticas as consecuencias políticas deben ser as mesmas”.