De vencer ao Alcorcón -sábado 17 horas, Os Remedios- as franxiverdes estarán na próxima Copa de España.

 

O Cidade As Burgas está ante o partido máis importante. De vencer ao Alcorcón -sábado 17 horas, Os Remedios- as franxiverdes estarán na próxima Copa de España, que se disputará en Navalcarnero (cancha do Futsi). O que para outros equipos é unha obriga, para o Cidade As Burgas é unha recompensa ao traballo de moitos anos o estar na próxima edición da Copa de España. Os catro mellores equipos da Liga serán os que disputen esa competición.

As pupilas de Manolo Codeso son segundas con 60 puntos a tres do líder, Futsi. As franxiverdes pensan máis na Copa que no liderato, polo que fan as contas coa quinta posición. E precisamente é o próximo rival o que ocupa esa praza con 45 puntos. O Alcorcón visitará Os Remedios coa necesidade de vencer para manter as sús opcións de cara a estar na Copa. Pola contra, o Cidade ten un amplo colchón para poder alcanzar a competición copeira. En caso de derrota, as ourensás aínda terían cinco xornadas máis para certificar o seu pase; tres puntos son o que necesitan para complir un soño.

Alcorcón
O conxunto madrileño é un dos bloques máis compactos da Liga. Nas súas filas conta con xogadoras como a ourensán Andrea Feijoo (máxima artilleira con 14 goles) ou Anita Luján, sen esquecerse da porteira Eva Tamayo (ex do Ponte Ourense).

Iria e Vanessa
As xogadoras do Cidade, Iria Saeta e Vanessa Sotelo están en estado de gracia. Seus foron os seis goles (catro de Iria e dous de Vanessa) que lle endosaron ao Roldán na última xornada. Con estas dianas, Iria colócase como pichichi da competición doméstica con 33 puntos, os mesmo que a xogadora do Futsi Arianne. En terceira posición sitúase Vanessa con 26 tantos.

Elas dúas, xunto coa porteira Ana López, está preseleccionadas coa selección española para disputar un torneo en Rusio do 5 ao 10 de maio. Do que fagan nestas xornadas dependerá a inclusión na lista definitiva de José Venancio López, seleccionador nacional. Os catro goles de Iria, os dous de Vanessa e deixar a porta a cero Ana, son unhas boas credenciais para telas en conta.