Galicia F7 Cup quere implantarse en Ourense tralos éxitos na Coruña e Vigo. Para elo, firma un convenio coa Unión Deportiva Ourense.

A Unión Deportiva Ourense e Galicia F7 Cup firman un convenio para implantar este novidoso modelo de competición amateur en Ourense.
Para iniciar a súa andadura en Ourense, desde Galicia F7 Cup pretenden que todos os equipos que se inscriban para a vindeira tempada compitan de balde na Copa. A fase final desta Copa disputarase en Baiona o 20 de xuño; por iso, os equipos inscritos pelexarán en Ourense por un posto nesa fase final.

Convenio
O convenio coa UD Ourense establece que por cada equipo que se inscriba para a Liga Galicia F7 Cup, a UD reciba 100 euros.

Modelo novidoso
Desde Galicia F7 Cup buscan a excelencia. Para iso queren que esta competición amateur teña un trato profesional. A xestión deportiva está en mans de profesionais de INEF, innovación tecnolóxica -con app´s para iOS e Android propias da competición- e gabinete de prensa levada por doutores en comunicación. Resultados, goleadores e todas as facilidades como se de equipos profesionais tratarase. A competición actualizada ao momento en twitter, facebook e na web www.galiciaf7cup.com.

Competición
Establécense catro torneos por temporada: Liga Apertura, Liga Clausura, Copa e Supercopa.
Unha vez coñecidos os vencedores da Apertura e Clausura disputarase a fase final galega para determinar ao campión, que acudirá ao campionato de España. Da fase final da Copa tamén sairá o campión galego que participará nun torneo cos mellores nacionais.
Ademais a Galicia F7 Cup ten a exclusividade da Mini Euro, un campionato europeo que este ano dispútase en Turín (Italia).

Inscrición
Para inscribirse ou buscar máis información, na web www.galiciaf7cup.com.