Haberá contacontos e obradoiro de manualidades para confeccionar marcapáxinas de cartolina e goma eva. As actividades están dirixidas a cativos de entre 3 e 9 anos.

 

O vindeiro venres 24 da abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Día do Libro’, no marco da programación de actividades programadas con motivo da iniciativa ‘Abril, mes dos Libros’ e as de fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade os máis pequenos confeccionarán un marcapáxinas de cartolina e goma eva -os participantes deberán traer unha cartolina branca en tamaño A4-.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 41 36 24.