Esta fin de semana celébrase en Ourense o Campionato de Copa Galicia de 1ª autonómica masculina de balonmán.
O Balomán Pabellón ademais de ser o anfitrión é un dos equipos que loitarán por este título. Nesta fase final xunto aos ourensáns estarán os equipos do Rasoeiro, Camariñas e Porriño Galserco. Os catro equipos clasificaronse nunha fase previa celebrada no mes de setembro.
O sábado 25 pola tarde disputarase no pavillón municipal de Oira as semifinais. Os emparellamentos son o Ourense contra o Rasoeiro (ás 17 horas) e o Camariñas fronte o Porriño Galsecor (19 horas).
O domingo trasládase a competición á cancha central dos Remedios. Ás 10.30 horas disputarase o encontro entre os perdedores das semifinais para dilucidar ao terceiro e cuarto clasificado e deseguido (12.30h) xogarase a gran fiñal para coñecer o vencedor desta Copa Galicia.
Os favoritos son o Camariñas e o Porriño Galserco, campión e subcampión, respectivamente, da Liga. Esto fai que en breve xogarán a fase de ascenso á Primeira División Nacional. Os ourensáns tentarán facer o mellor campionato posible.