Acusan ao Sergas de duplicar a poboación de referencia do hospital verinés, ao inculuir a poboación da Limia, e diminuir os recursos.

 

Esta situación dá lugar ao aumento de actividade asistencial tanto nas areas de hospitalizacion, cirúrxicas, consultas e urxencias, “cos seus respectivos colapsos, sobre todo nos servizos de urxencias tanto hospitalarias como a inoperatividade na area do PAC”, indican desde o sindicato. Esta “inoperatividade” do PAC xa fora denunciada pola CIG cando se trasladara desde o centro da vila ao hopital e agora vese agravada “e facendo insostible a situación con constantes bloqueos de camillas, sillas, e pacientes, na zona de paso e dificultando o acceso as urxencias do PAC.

A CIG-Saúde tamén é crítica coa redución de persoal, “eliminando a xerencia nos últimos tempos, efectivos sanitarios de medicina interna, xinecólogo, e redución de xornada do farmacéutico do centro de saúde”, que tamén afecta ao persoal de administración, coa supresión de tres postos nos últimos meses.

A denuncia do sindicato afecta tamén á non reposición de material, sinalando que no último mes estragouse unha torre de anestesia, “a cal nin se reparou nin a repuxeron, decisión que obriga a manter o peche de un dos tres quirófanos operativos neste hospital”.