Máis de 800 persoas participaron no mini-trail «Pozo do Demo» celebrado o pasado 19 de abril en Verín. Castor Salgado e Cristina Rodríguez foron os vencedores desta quinta edición.

O veterán corredor do Limiactiva, Castor Salgado foi o vencedor desta edición sucendendo, deste xeito, ao corredor local Joaquín Dobarrio.

Nun percorrido ampliado e de maior esixencia co obxecto de adaptalo ao perfil das carreiras de montaña, Castor Salgado foi o máis rápido en percorrer os seus 15,73 quilómetros. Con máis de 1.000 metros de desnivel acumulados, Salgado empregou un tempo dunha hora 13 minutos e 49 segundos.

O gañador avantaxou a Rubén Estévez (BTT Verín), segundo clasificado, en 35 segundos (1:14:24). O terceiro en chegar a meta foi o atleta do Vía XVIII Maceda, José Manuel Casado (1:14:47).

Rodríguez
En canto á categoría feminina a primeira clasificada foi Cristina Rodríguez Villar ao empregar un tempo dunha hora 42 minutos e 53 segundos. María Luisa Vázquez foi a segunda clasificada con máis de 5 minutos de desvantaxe (1:48:03). No terceiro caixón do podio rematou María Julieta Hernández a un segundo de Vázquez (1:48:04).

Os locais
Os atletas locais tiñan o seu premio particular. Damián Vega foi o máis rápido dos corredores da zona; o seu tempo unha hora 20 minutos e 44 segundos, sendo sétimo na clasificación xeral. María Luisa Vázquez, segunda da xeral, revalidou o seu título como a atleta local máis rápida.

Andaina e carreiras escolares
A cita tamén incluía unha andaina de 19,800 quilómetros na que participaron 467 persoas, de todas as idades nun percorrido totalmente novo polos municipios de Verín e Vilardevós, con relevancia do paraxe natural do Pozo do Demo. Nas carreiras escolares participaron un total de 187 menores.