O Concello de Allariz está a levar a cabo as obras de encintado na rúa Vilanova co obxectivo de mellorar a acesibilidade e mobilidade dos transeúntes.
A rúa Vilanova, situada en pleno casco histórico, conta cun singular enlousado en pedra. A rúa dá acceso á piscina climatizada así como a unha das atracción turísticas máis relevantes de Allariz como é a ponte románica.
Polo que para mellorar tanto a accesibilidade ao centro deportivo como a mobilidade dos traseúntes o Concello de Allariz está a levar a cabo o encintado da rúa.
As obras, cun orzamento de 5,000 euros, forman parte da mellora que se está a levar a cabo na piscina municipal, coa ampliación de xinmasio e vestiarios.