O partido contra o Parada de Sil disputarase este sábado ás 18.30 horas no estadio do Couto. Recibirán o título de campión de Liga.

A Unión Deportiva Ourense conseguiu o que buscaban desde que se creou a entidade: quedarse coa marca e o escudo do CD Ourense. Ao final conseguirono por 810 euros máis IVE.

Para acadar os cartos cos que pagar o escudo e a marca van a facer unha colecta entre os que queiran contribuir. Poñerán unha placa no estadio na que esté os nomes de todos os que aportaron nesta recadación xunto ao nome de CD Ourense.

Desde a entidade unionista pretenden que o escudo esté nun lugar destacado do Couto para honrar a memoria do desaparecido club. Para recadar os carto habilitarán unhas urnas no estadio e un número de conta para que o que quiera faga a súa aportación.

Memorial CD Ourense
Outras das iniciativas que queren levar a cabo desde a UD é a creación do memorial CD Ourense. O desexo é que sexa un partido en pretempada como presentación do equipo da Unión Deportiva Ourense dese ano. Tentarán que a este memorial acudan equipos de entidade.

Título
O Ourense recibirá na previa do partido contra o Parada do Sil a copa como campión de Liga. O encontro terá lugar este sábado ás 18.30 horas no estadio do Couto.

Tamén, o capitán Adolfo, ofrecerá ao público asistente o seu trofeo como mellor xogador do mes de marzo nos prolegómenos deste encontro.

Con este partido son tres os que faltan para rematar a Liga. O equipo capitalino busca o pleno de vitorias neste curso na Terceira Autonómica grupo 13.