Chega a hora dos play offs. O Club Ourense Baloncesto encontrase coa historia despois de 13 anos. Hoxe ás 21 horas no Paco Paz, primeira eliminatoria de ascenso á ACB: COB – Melilla.
O COB chega coa moral polas nubes trala vitoria na última xornada de Liga contra Navarra (89-49) e certificar así o ubcampionato na Adecco Ouro. Isto trouxo o factor cancha a favor en todas as eliminatorias de ascenso.
Para Gonzalo García de Vitoria, que fai cinco anos que disputou un play off -precisamente adestraba a Melilla-, estos partidos son especiais tendo en conta o que se xoga neles.
Taquillas
Durante a xornada de hoxe estarán abertas as oficinas do club ininterrumpidamente para os que queiran mercar a súa entrada para o partido de hoxe ou o abono para todas as series. As taquillas abrirán a partir das 19 horas.