O Cidade As Burgas está a un punto para certificar matematicamente o seu billete para o próxima Copa de España.
Esta fin de semana o Cidade visita ao Gironella coa mente posta en acadar ese punto que o levara de xeito matemático á próxima edición da Copa (Navalcarnero, 6-7 de xuño). Enfronte terá a un conxunto catalán que está loitando por saír dos postos de descenso. O Gironella pasou de ser un equipo de loitar entre os mellores a, este ano, andar xogando por non descender.
Ourense Envialia
O Envialia recibe este sábado ao Burela coa mente posta nos tres puntos. Outra cousa que non sexa a vitoria será despedirse das opción de seguir loitando pola cuarta praza que lle daría o acceso ao torneo copeiro. Este encontro terá lugar este sábado ás 17 horas na central dos Remedios.
O Burela é o terceiro clasificado e aínda ten esperanzas de lograr a segunda praza. Tampouco ten asegurada a súa presenza na Copa polo que o partido preséntase moi disputado.
O último precedente foi na final da Copa da Xunta na que o Burela goleou ao Ourense Envialia.
España
As xogadoras do Cidade As Burgas: Iria Saeta, Vanessa Sotelo e Ana López foron chamadas polo seleccionador nacional de fútbol, José Venancio López, para formar parte da plantilla que acuda a Moscú. Na capital rusa celebrarase do 5 ao 10 de maio o VI Torneo Internacional de Moscú.