A Unión Deportiva Ourense suma a vitoria número 25 e está a dous do pleno.

Os homes de Antonio Dacosta foron distinguidos, antes do encontro, co título de campións de Liga. Depois un partido sen moita historia na que a UD non quixo facer moita sangue e dobregou ao seu rival por 2-0 con goles de Julio Salgado e Adolfo.

Dous partidos
Dous son os partidos que restan para que finalice a Liga no grupo 13 de Terceira Rexional. Palmés e Loureiro son os rivais dos capitalinos.

De rematar con vitoria nos dous encontros que faltan a Unión faría historia e conseguiría o pleno de vitoria en Liga na súa primeira participación nunha competición.

Semana Chave
Pero aínda faltan superar os últimos obstáculos para rematar unha tempada sobresaínte; e esta semana é chave para que así sexa.

A UD Ourense afronta en tres días dous encontros: un de copa e outro de Liga. O 1 de maio enfróntase ao Arnoia na semifinal da Copa Deputación B, e o domingo día 3 disputará a penúltima xornada de Liga fronte o Palmés.

De como xestiona Dacosta os minutos nos seus xogadores dependerá gran parte do éxito desta semana.

O Arnoia é o último escollo para chegar á final soñada no estadio do Couto. O 24 de maio disputarase o partido de volta.

O Palmés, equipo ascendido xunto coa UD, será a penúltima pedra no camiño do pleno de vitorias.