O Club Ourense Baloncesto fai soñar á cidade das Burgas coa ACB. O equipo dirixido por Gonzalo García de Vitoria venceu a Melilla en dous partidos na primeira eliminatoria do playoff de ascenso á máxima categoría do baloncesto español.

Contra os norteafricanos non foi sinxelo (ninguén dixo que o fora a ser). No primeiro partido venceu por dous puntos de difenrenza (86-84) logo que ir conseguir unha renta de ata 17 puntos. As triplas dos melillenses -sobre todo do ex do COB Garrido- no final do terceiro cuarto e principio do cuarto fixo perigar a vitoria. Non obstante, os xogadores tiraron de oficio e impediron que a vitoria voara do Pazo.

No segundo encontro o COB desprazábase ata o Javier Imbroda da cidade autónoma. Na previa xa o avisaran desde o corpo técnico rival: non ían conceder tantos puntos coma no Pazo.

Comezaban dominando as defensas sobre os ataque, e aí o COB sacaba vantaxe. De novo, sen Rejón na pista, os ourensáns tiñan que dobralo seu esforzo. Os visitantes, cun Busma estelar no poste baixo, controlaban o encontro, sen distanciarse no marcador.

Na segunda metade os pupilos de García de Vitoria subiron unha marcha e o Melilla, que quería unha anotación baixa, vía como o seu plantexamento de partido saltaba polos aires. A menos de cinco minutos para o final a desvantaxe local superaba os 15 puntos. En vistas deste panorama, os locais volveron a buscar as triplas que as achegaran ao rival, para así ter unha mínima opción de manterse vivos no playoff.

Remaron pero morreron na beira; 77-81 foi o resultado final. O COB seguirá loitando polo soño da ACB e o Melilla di adeus a unha tempada irregular na que se esperaba algo máis dos homes de Alejandro Alcoba.

Lleida
O COB xa agarda ao Lleida. Os cataláns sorprenderon no primeiro encontro da eliminatoria ao Palma, e venceron na casa o segundo.
A eliminatoria comezará con dous encontros no Pazo: o venres 8 e domingo 10. Despois trasladaranse ata Lleida os días 15 e o 17 (se fixera falta o cuarto partido). En caso de ser preciso o quinto encontro, o choque disputaríase en Ourense o martes 19 de maio.
Pola súa banda, Valladolid espera rival do choque entre Breogán e Palencia.