Conforme pasaba a tempada a Unión Deportiva Ourense marcabase o obxectivo de rematala co pleno de vitorias. Coa última xornada disputada, obxectivo cumplido.

O rival da última xornada era o Loureiro que chegaba ao estadio do Couto pouco convencidos das súas posibilidades de lograr o triunfo.

Apenas tardou en chegar o primeiro da tarde. Chechu marca ao rematar desde a área pequena. Pouco despois Soto sería o goleador do segundo e Almeida faría o 3-0 antes da medianía do primeiro acto.

Ata o descanso outros tres goles máis. Xaco e Adolfo -un deles de penalti- por partida dobre, finiquitaban o encontro nos primeiros 45 minutos.

Tralo descanso só quedaba gozar dos últimos 45 minutos de Liga nesta tempada e dos goles de Santi. O dianteiro, que conta cunha faceta goleadora envexable cos minutos que xoga, marcou os dous últimos tantos na Terceira Autonómica da UD. Antes dos goles, o Loureiro anotaba o da honra. O resultado final 8-1 e nova goleada dos de Antonio Dacosta.

{gallery}stories/deportes/20150510_udoloureiro{/gallery}

Supercopa e Copa B
A vindeira fin de semana Raio Alaricano e Unión Deportiva Ourense disputarán a Supercopa da Terceira Autonómica. Os dous equipos foron os vencedores nos seus respectivos grupos e mediante este partido determinarase cal é o mellor conxunto de Terceira en Ourense.

E sete días despois, a UD disputará o partido de volta da semifinal da Copa Diputación B fronte o Arnoia. Os capitalinos chegan a este partido cunha desvantaxe dun gol a cero.