O domingo 17 de maio celébrase a IV proba da Copa Galega de carreiras por montaña e a quinta edición do San Mamede Desafío Solidario.
A saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro, dentro do Concello de Maceda (Ourense). Preto de 200 deportistas están inscritos na edición deste ano.
Haberá dúas modalidades: andainda e carreira de montaña. A andaina dará comezo ás 9 da mañá e constará dun percorrido de 12 quilómetros. Mentres que a carreira de montaña, que comeza ás 10 horas percorrerá 21 km.
Grandes desniveis
A proba de carreira de montaña (21km de disntancia) ten o seu punto máis alto é de 1.601 metros e o máís baixo é de 659 metros, cuns desniveis que chegan ata o 38%.
Ademais dos premios aos primeiros clasificados, a proba conta cun premio especial para o corredor que chegue primeiro o alto de San Mamede.
A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo para cada unha das modalidades deportivas (andaina e carreira).
Solidario
Desde que se creou está carreira sempre tivo un carácter solidario. Este ano, o 20% do recadado polas inscricións irá destinado ao programa «Loita contra a pobreza e a exclusión» promovido pola Asamblea Comarcal da Cruz Vermella de Maceda.