Este sábado 23 de maio ás 19 horas, o estadio do Couto acolle o encontro de volta das semifinais da Copa Deputación B.  Unión Deportiva Ourense contra o Atlético Arnoia.

A Unión deberá remontar un 1-0 adverso do partido de ida. Nesta competición os goles en campo contrario valen dobre en caso de empate. Se se chegará co 1-0 ao final dictaminaríase ao vencedor nunha tanda de penaltis.

Desde a directiva incitan a que a xente acuda ao Couto para animar aos xogadores “que tanto deron esta tempada ao club”, remarcaba o seu presidente.

Na outra eliminatoria Cartelle e Xunqueira Ambia o domingo ás 17:30h. na casa do primeiro. O partido de ida rematou con empate a cero goles.

Convenio
A UD Ourense e a Agrupación Deportiva Colegio San José (Josefinas) firmaron esta semana un convenio polo cal o club de fútbol faise cargo da sección de fútbol sala da agrupación. Contan poder ter un equipo por categoría este ano.

Chechu, MVP
O dianteiro da Unión Deportiva Ourense, Chechu, foi valorado pola afección como mellor xogador da plantilla durante o mes de abril. Acadou o 65% dos votos (921). Pundonor, garra e entrega e como mellor se pode definir a este xogador.