O técnico cobista, Gonzalo García de Vitoria atendeu aos medios na previa desta final.

 

Para Gonzalo, será un playoff con moitos alicientes. “O primeiro é que estamos nós, pero tamén, para o baloncesto galego, con dous clubs con moita historia, poranos no punto de mira do baloncesto español. A nivel social, en ambas cidades, tamén é bo. E non podemos desviarnos da realidade, a nivel económico é unha boa axuda para poder afrontar o futuro”. Incluso aseguraba que é bo “para a propia Liga”, xa que “podense encher os dous pavillóns, que son de ACB. Iso é difícil de ver na Adecco Ouro”.

Rival coñecido
García de Vitoria recoñece que son dous rivais que se coñecen moi ben. “Somo moi coñecidos. Xogamos catro partidos nesta tempada ata agora (dous en pretempada). Xogamos en pretempada en Ribadeo e perdimos, logo en Lugo no Pazo e gañamos e na Liga vencimos na súa casa de seis puntos e perdimos aquí de dous”.

Igualdade
O adestrador cobista facía fincapé en que os dous equipos tiveron “20 vitorias oito derrotas” na Liga e recalcou que a diferenza entre ambos foi de “catro puntos, dúas canastras”. Por isto, prevé “partidos moi duros, longos e igualados”.
Sobre o factor cancha a favor, de Vitoria reiteraba que agora o teñen favorable pero “ao rematar a fin de semana, e tras dous partidos no Pazo veremos se a mantemos”.

Primeiro partido
Sobre a importancia do primeiro partido pensa que “máis importante é saber xestionar os resultados despois de cada partido”. E recordaba que o primeiro contra Melilla “o xestionamos ben, e no segundo partido aquí contra Lleida non o soubemos xestionar: tiñamos gañas de querer facer un dous a cero sen pagar os prazos”.

Puntos fortes
O técnico non quixo perder a ocasión para advertir dos puntos fortes do rival. “Eles teñen un nivel físico máis grande ca nós. Non están preparados físicamente mellor pero teñen máis físico. Son un equipo moi longo; están apurando para recuperar a Sergio Sánchez, pero teñen 11 xogadores”. Ademais aseguraba que ao Breogán non lle “importa gastar faltas porque teñen moita rotación; tamén reciben moitas faltas”.

Chaves
Ao ser un equipo que gasta e recibe moitas faltas o acerto na liña de tiro libre pode ser chave. Pero non será o único a ter en conta. “A porcentaxe de tiro, xunto co rebote e as perdas serán chaves nesta final, auguraba un Gonzalo García de Vitoria ilusionado con este playoff.