No número 120 do Barrios Deportivo o tema principal é a final do playoff de ascenso a ACB na que está o Club Ourense Baloncesto.

Outra nova destacada é o título de campioas de España de ximnasia acrobática de Yolanda García e Sara Blanco.

En fútbol sala o Cidade As Burgas busca nas últimas xornadas de Liga acadar o subcampionato na Primeira División de fútbol sala. O Ourense Envialia, sen nada que xogarse, so lle queda que remate a tempada. O Sala Ourense xoga a promoción de ascenso a Terceira contra o Riazor.

{source}
<div data-configid=»2135477/13030889″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

En fútbol a UD Ourense logrou a Supercopa de Terceira fronte o Rayo Alaricano. Tamén a remontada na semifinal da Copa Deputación B ante Arnoia. O Ourense CF xuvenil ascendeu á División de Honra.

Dominio do club Artai no Campionato Galego de kung fu moderno. Tres medallas para os tres ourensáns que participaron no VII Trofeo Nacional de Móstoles.

O Correndo por Ourense regresa a última fin de semana ao barrio do Couto coa segunda proba do circuíto. Sandiás acolle a popular da Torre do Castro.

BTT, natación, voleibol e moito máis, no número 120 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí