Ademais del mesmo, só continúan Rosendo Fernández, Plácido Álvarez, Antonio Montero e José Antonio Feijoo, os nove restantes son caras novas.
Por Twitter. Así anunciou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, o nome dos deputados provinciais desta formación que o acompañarán á fronte da Deputación neste novo mandato. Baltar xa adiantara que habería unha gran renovación de nomes, 9 dos 14 deputados electos, e así foi.
Así, repiten con el o vicepresidente, Rosendo Fernández (concelleiro agora pola Merca), o voceiro do grupo provincial popular, Plácido Álvarez (alcalde de Muíños), e os alcaldes de Avión, Antonio Montero, e Baltar, José Antonio Feijoo.
Son caras novas na corporación provincial Jorge Pumar (concelleiro electo en Ourense e vicesecretario xeral do partido), Pablo Pérez (edil en Quintela de Leirado e secretario de Organización), Teresa Cerdeira (concelleira no Carballiño), Monserrat Lamas (concelleira en Xinzo), Manuel Doval (concelleiro en Pereiro de Aguiar), Consuelo Vispo (candidata á alcaldía en Barbadás), e os alcaldes da Teixeira (Miguel Cid), A Veiga (Juan Anta) e Oímbra (Ana Villarino).