Este venres, ás 20 horas, terá lugar unha Marcha en contra da violencia de xénero en nome de María Isabel Fuentes.

 

A saída será desde o cruceiro da estrada do Polígono de Pazos (Pazos) e finalizará na praza da casa consistorial de Verín. Na mesma a poboación do municipio de Verín realizará unha homenaxe a María Isabel Fuentes Fernández, falecida o pasado 8 de maio acoitelada presuntamente polo seu marido no hospital de Ourense.

Desde o Concello de Verín aproveitase para realizar un chamamento a toda a poboación co obxecto de protexer as vítimas e rematar co silencios que amparan a violencia de xénero. Uns actos que poden ser denunciados nos teléfonos 016 ou 900 400 273, así coma ante as Forzas e Corpos de seguridade ou nos Xulgados.

Ademais, o Concello de Verín recorda que conta cun departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información ás Mulleres-CIM, uns servizos totalmente gratuítos que ofrecen atención permanente para as necesidades de todas as mulleres do municipio e bisbarra, de modo anónimo e confidencial.