Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, a Eurocidade organiza o 5 de xuño a 1ª Baixada Transfronteiriza e Andaina polo río Támega.

A AECT Eurocidade Chaves-Verín, conxuntamente co Município de Chaves e o Concello de Verín, conmemorarán o Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño, coa realización da 1ª Baixada Transfronteiriza e Andaina polo río Támega no Día Mundial do Medio Ambiente.

As inscricións nas dúas actividades son limitadas e poderán ser realizadas, de forma gratuíta, na páxina da Eurocidade, www.eurocidadechavesverin.eu, ata o 3 de xuño.

A 1ª Baixada Transfronteriza polo río Támega iniciarase ás 9.20 horas con saída de Verín en autobus desde a praza do Concello de Verín. O descenso polo río Támega, con punto de partida na área recreativa de Rabal – Oímbra, dará comezo ás 10 horas, con hora prevista de chegada áo Açude de Vila Verde da Raia ás 14 horas, para logo gozar dunha comida e convivencia e regresar a Verín en autobús ás 16:30 horas. A proba inclúe kayak para dúas persoas, equipamento, seguros e monitores. Cubre unha distancia de seis quilómetros e a dificultade é baixa.

Pola súa banda, á mesma hora sairase desde a praza do Concello de Verín cara ao Horto Municipal de Chaves para iniciar a 1ª Andaina Ambiental polo río Támega ás 10:30 horas. Iranse recollendo os residuos que se atopen ao longo das marxes do río e rematarase de novo no Açude de Vila Verde da Raia para unha comida de convivencia. O regreso a Verín farase en autobús ás 16:30 horas. Son sete quilómetros de percorrido de dificultade moderada.

«Valtamega»

Esta actuación está enmarcada dentro do proxecto «Valtamega» unha iniciativa de cooperación transfronteiriza aprobada no ámbito do Programa de Coooperación Transfronteriza España-Portugal, coa participación financeira da Unión Europea, polo que os municipios de Verín e o de Chaves foron beneficiados con 450.000 euros para sacar adiante o proxecto de valorización do corredor ambiental do río Támega.

Máis información sobre estes dous eventos en info@eurocidadechavesverin.eu na oficina de turismo de Verín (988 411 614 ), na Eurocidade (988 416 017) ou en Multisport Verín (988 414 423).