A obriga con Proavia, por importe total de 2.689.652,64 euros, está recoñecida por sentencia xudicial firme que debe ser executada.

 

O Concello de Ourense remitirá a acta do Pleno extraordinario celebrado este mércores 3 de xuño, ao Xulgado Contencioso, xa que existe unha sentenza xudicial firme que obriga ao Concello de Ourense a abonar as cantidades adeudadas contra a sociedade Proavia SL, ao recoñecérselle un dano emerxente pola caída do planeamento do ano 2003. O procedemento administrativo de pago, que require de aprobación plenaria para a súa execución non foi posible, xa que no pleno deste mércores, cos votos a favor do Partido Popular e Democracia Ourensana, foi retirado da orde do día.

O expediente tramitouse de xeito correcto para proceder ao pago e nestes intres disponse do credito necesario para poder recoñecer a obriga a favor de Proavia SL e cumprir deste xeito a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo na que se estimaba parcialmente o recurso interposto pola sociedade Proavia SL, en concepto de dano emerxente e os intereses legas derivados da caída do Plan Xeral de 2003.

Desde o Concello informaron de que a proposta de acordo que se levaba ao pleno contaba con todos os informes técnicos favorables e foi fiscalizado de conformidade. Nela, o Concello recoñecía, a favor de Proavia SL, unha obriga por un importe total de 2,6 millóns de euros, dos cales 2.528.812,64 euros en concepto de dano emerxente e 160.839,41 euros en concepto de xuros legais devengados ata o día 21 de maio de 2015.

Así mesmo a proposta de acordo incluía “deberá recoñecerse unha obriga adicional que contemple os xuros devengados entre o 21 de maio de 2015 e o día que se faga efectivo o importe principal da débeda”.

“Chamamos a coherencia e a sensatez e a acatar o ordenamento vixente aos grupos políticos da oposición, xa que non podemos deixar que posicións políticas afecten ao cumprimento da legalidade por parte do Concello de Ourense”, afirmou o alcalde en funcións, Agustín Fernández.

Así, o Goberno municipal convocará unha nova sesión plenaria no prazo de tempo máis breve posible.