Traballa na información, formación e prevención da violencia sexual en mozos.

 

 

O Instituto da Muller a través do Fondo Social Europeo, en convenio co Concello de Verín, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover modelos de relación entre mulleres e homes baseados na igualdade e non discriminación.

Para dar cumprimento a este obxectivo, as dúas entidades promoven o Programa Irene que está a traballar na información, formación e prevención da violencia sexual en mozos e adolescentes. Tendo en conta as últimas investigacións sobre o incremento da violencia sexual en mozos realizadas no ámbito educativo determínanse factores de risco que se deben frear para evitar esta violencia nas parellas novas, cada vez máis casos en idades temperás. De igual xeito que a violencia de xénero en persoas adultas esténdese nun continuo que vai dende o abuso verbal e emocional ata a agresión sexual e/ou asasinato.

Neste senso, as actividades que dende o Concello de Verín se desenvolveron ata agora foron unhas xornadas sobre agresións sexuais dirixidas a mulleres e ao público en xeral no 25 de novembro; obradoiros de prevención e información da violencia sexual dirixidos a poboación xuvenil a través do traballo en centros de secundaria do Concello de Verín; e traballo con profesionais que poidan ter relación directa coas vítimas, propiciando unha intervención rápida e eficaz por parte dos profesionais, unha derivación adecuada, facilitando a denuncia e preservando as probas.

Nas últimas semanas, acudiuse a unha comisión de seguimento do Programa Irene a Madrid conxuntamente con profesionais dos concellos que están a desenvolver as mesmas accións.