Os días 12 e 13 de xuño celebrarase unha nova edición do Rali de Ourense Termal. Un ano máis os amantes do motor terán unha cita nas estradas ourensás para presenciar a 48ª edición do rali ourensán.

Tramos
O venres, ás 20:35 horas, terá lugar o tramo espectáculo de 1,87 quilómetros en San Cibrao. Xa o sábado chegarán o resto dos tramos, dous pola mañá e outros dous pola tarde, ademais de pechar co tramo espectáculo. O primeiro deles o do Canón do Sil; as pasadas deste mítico tramo serán ás 9.10 e ás 13.10. O segundo é o de San Pedro de Rocas, ás 10.20 e ás 14.20 horas.
Pola tarde chegará o turno dos da Peroxa e Toén. As pasadas da Peroxa serán ás 17.20 e ás 20.20 e as de Toén, ás 18.30 e ás 21.30 horas. Pechará o rali unha nova pasada polo tramo espectáculo ás 22.23 horas.

Inscritos
En total son 70 os pilotos inscritos neste 48º Rali de Ourense, á espera de que o día 6, se faga oficial o número exacto de participantes.

Ausencia
O piloto Miguel Fuster non participará no Rali de Ourense co seu Ford Fiesta R5, pero si o fará con Suzuki.
O piloto ten que renunciar, a pilotar o seu Ford. O motivo son as dificultades de orzamento que atravesa esta tempada o RMC, polo que teñen que renunciar a algunha cita do calendario. Ao estar disputando durante esas datas o Mundial de ralis fai que a de Ourense sexa a cita á que decidan non acudir.
Pero si que estará pilotando o Suzuki de Santiago Cañizares, quen por motivos laborais non estará en Ourense.