O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, comunicou este luns aos edís do grupo de goberno as delegacións de atribucións.

Na concelleira María Sofía Godoy Gómez-Franqueira, Vázquez Abad delegou as competencias de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade, Xuventude e Voluntariado. 

O concelleiro Francisco González Bouzán asumirá a portavocía do goberno, e as áreas de Cultura e Recursos Humanos.

A edil Ana María Fernández Morenza dedicarase ás áreas de Facenda, Fondos Europeos e Comercio.

O concelleiro Pepe Araujo é un dos que máis competencias asume: levará Infraestruturas, Perímetro Rural, Parques e Xardíns, Medio Ambiente, Servizo Eléctrico, Limpeza e Transporte Público.

Na concelleira Isabel María Castelo Villanueva, o alcalde popular delegou Turismo e Termalismo, Compras, suministros e contratación, e Formación Ocupacional. 

Jorge Pumar Tesouro xestionará as áreas de Servizos Xerais e Promoción Económica.

Deportes será para o concelleiro José Mario Guede Fernández, quen xa tivera esas competencias na etapa 2003-2007.

A concelleira María Belén Iglesias Cortés encargarase de Participación Cidadá e Educación.

E finalmente o concelleiro José Jesús Cudeiro Mazaira asumirá Urbanismo e Planeamento. 

As delegacións efectuadas polo alcalde inclúen a autorización e disposición de gastos, as facultades de dirección e xestión dos servizos correspondentes así como a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros e a resolución de recursos. Deste decreto de delegación de atribucións darase conta ao Pleno do Concello, na primeira sesión que celebre.

Jesús Vázquez nomeu, ademais, cinco tenentes de alcalde: Francisco González, María Sofía Godoy, Isabel María Castelo, José Araújo e Jorge Pumar

Xuntas de área

As xuntas de área, de carácter informativo para os representantes dos diferentes grupos políticos serán as seguintes:  Urbanismo e Vivenda; Infraestruturas, Medio Ambiente e Participación Cidadá; Facenda, Persoal e Servizos Xerais; Cultura, Educación, Turismo e Termalismo; Benestar Social; e Promoción Económica, Comercio e Emprego.