O número de xuño da publicación recolle os resultados electorais das comarcas de Monterrei, A Limia, Terra de Celanova e Allariz-Maceda.
Ademais, entrevistamos a Rubén Vieira, preparador físico do COB, recén ascendido a ACB, e novo concelleiro (previsiblemente de Deportes) en Celanova; así como ao exitoso blogueiro gastronómico Alfonso López, autor de recetasderechupete.com, que estivo en Ourense presentando o seu último libro.
{source}
<div data-configid=»2135823/13551112″ style=»width:550px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}
Entre os temas de interese das comarcas de referenza de Barrios, recollemos a información sobre a eliminación de vertedoiros incontrolados en Verín, a homenaxe que se lle realizou na súa terra natal ao guerrilleiro Perfecto de Dios, a entrega de diplomas do Programa Clara de inserción laboral para mulleres en Allariz, ou a segunda edición do Festival de Cine Rural Carlos Velo que terá lugar a final de mes en Celanova e Cartelle.
No apartado deportivo, informamos da subida a Terceira División do Verín, así como da nova cita que teñen os corredores coa Carreira Nocturna de Celanova.
As imaxes do mes, os artigos dos nosos colaboradores, a axenda e moito máis, dispoñible para consulta on line aquí.
Tamén podes descargar Barrios de xuño en pdf.