José Luis Ferro resérvase para a xestión directa as áreas de cultura, turismo e promoción comercial.

 

O alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias, formalizou xa as distintas áreas de goberno en base ás que funcionará o seu equipo para os próximos catro anos.

Por unha banda nomeou os distintos concelleiros e concelleiras que formarán parte da Comsión de Goberno como responsables das seguintes áreas: na de Novas Tecnoloxías, Particitación Cidadá e Promoción Empresarial a Julio Mosquera González; na de Festas, Xuventude, Familia e Actividades Recreativas: Ana Fernández Antorrena, naa de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Traballo: Sonia Opazo Pungin, e na de Educación e Deportes: D. Rubén Vieira González

Así mesmo, tamén acordou delegar de forma especial a dirección interna e xestión doutros servizos no resto de concelleiros; así, Máximo Losada Méndez faise cargo de Facenda, Réxime Interior, Seguridade Cidadá, Urbanismo e PEPRIS; María del Pilar Regueiro López de Medio Ambiente, Limpeza, Parques e Xardíns e Protección Civil, e José Manuel Veites Pérez, Obras e Medio Rural.

Finalmente,o propio rexedor reservouse para xestionar el directamente as áreas de Cultura, Turismo e Promoción Comercial ao considerar que neses tres ámbitos serán nos que pivote o desenvolvemento económico futuro de Celanova, tal e como afirmou no seu discurso de investidura pronunciado no salón de plenos o pasado día 13.

[Fotografía de Jesús Regal]