Será o 9 de xullo e está aberto o prazo de inscrición.
A Concellería de Saúde de Ourense organiza un curso sobre actualizacións na normativa dos alérxenos alimentarios, que divulgará entre profesionais e público en xeral as novidades normativas acerca destas substancias que, ao introducirse no organismo, o sensibilizan para a aparición dos fenómenos da alerxia.
Está dirixido a xestores de comedores colectivos, persoal de cociña e público en xeral. Será gratuíto e desenvolverase o día 9 de xullo, de 10 a 11,30h no Centro Municipal de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte, nº1, As Lagoas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do Rexistro Xeral, na Casa do Concello, presentando certificado de empadronamento en Ourense.
O curso forma parte do programa de Promoción de boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade que desenvolve o Concello, que ten como obxectivo incrementar a práctica de patróns alimentarios equilibrados que garantan unha nutrición máis saudable na poboación xunto coa práctica de exercicio fisico.