Presentación torneo solidario fútbol sala NNXX Xinzo

O II Torneo solidario de fútbol sala de Xinzo de Limia terá lugar os días 11 e 12 de xullo.

 

O ex árbitro de fútbol e actual asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, acudiu á presentación do II Torneo solidario de fútbol sala de Xinzo de limia, un evento organizado por Novas Xeracions de Xinzo para recadar alimentos para a Cáritas Parroquial.

O presidente de NNXX, José Antonio Parente, quixo  agradecer a implicación do colexiado internacional, e a súa colaboración con este evento solidario que se celebrará o fin de semana do 11 e do 12 de xullo, co obxectivo de pasar unha boa fin de semana de futbol sala e recadar a maior cantidade de alimentos posible para Caritas parroquial. Bernardino González acudirá o día 12 de xullo, a entrega dos trofeos.

Pola súa banda, a Concelleira de Comunicación, Relaciòns Institucionais e Protocolo de Xinzo anima a» todos os veciños a colaborar con este magnífico torneo para poder acadar máis quilos de comida entre todos para axudar aos máis desfavorecidos».

O evento dará comezo o sábado día 10 de xullo,  e contará con:
21 equipos masculinos
6 equipos femeninos
6 equipos sub 20

O Torneo Solidario recollerá quilos de comida para entregar a entidade beneficiaria, que neste caso trátase de CÁRITAS SANTA MARIÑA.
 
O remate do torneo será o domingo 11.