Diversos establecementos comerciais permanecerán abertos ata as 12 da noite este venres 26 de xuño, ofertando grandes descontos. Tamén haberá música de rúa e obradoiros.

 

A Asociación Galega de Empresas, Comercios e Autónomos (AGAECA) organiza este venres 26 de xuño na Valenzá “A noite moucha”.

Coa colaboración do Concello de Barbadás, o Polígono Virtual de Galicia, a Escola de Música Municipal de Barbadás e Rosa dos Ventos; este evento comercial contará con animación musical pola rúa; talleres de maquillaxe, tatuaxes e manualidades; e descontos nos comercios adheridos que estarán abertos ata a media noite (os carteis e folletos desta iniciativa inclúen un código QR con acceso a unha micro-web onde se poden ver os establecementos que participan no evento e os descontos que ofrecen).

Así mesmo, o autor do selfie que logre máis “Me gusta” na súa páxina de Facebook deste evento farase cunha Tablet Android de 7”.

Con esta actividade, A Valenzá pretende iniciar unha nova etapa comercial chea de sorpresas e actividades tanto para residentes como visitantes do municipio.