O número de efectivos da garda médica está por riba da maioría de hospitais do noso contorno, sendo superior a hospitais con maior número de camas e ingresos como os hospitais de Santiago, A Coruña ou Lugo.

 

Ademais dos especialistas de UCI, Reanimación e Urxencias, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense conta diariamente con 38 médicos de garda de presenza física -de distintas especialidades das áreas cirúrxicas e médicas- ademais de 13 de garda localizada e 4 máis da denominada garda da “Área Médica”. En total, 60 médicos de garda que garanten as necesidades asistenciais en horario de garda.

Ademais das gardas de todos os servizos cirúrxicos, das de Cardioloxía, Nefroloxía e Dixestivo e das localizadas de distintas especialidades, o CHUO conta con outra denominada de “Área Médica”, asumida por un total de 48 médicos, de distintos servizos, que atenden as incidencias de pacientes en planta e realizan os ingresos urxentes dos seus servizos neste horario.

Esta garda conta con catro médicos de presenza física, unha dotación que garante plenamente súas funcións, e que está por riba da maioría de hospitais do noso contorno, sendo incluso superior a hospitais con maior número de camas e ingresos, como o CHUS ou o CHUAC, que contan con tres efectivos, como o Hospital de Lugo.