Os datos expostos na Xunta de Seguridade Local de Ourense amosan un descenso dun 5,75% do total das infraccións penais nestes primeiros seis meses de 2015 con respecto ao mesmo período do ano pasado.
A Subdelegación do Goberno acolleu a reunión da Xunta Local de Seguridade de Ourense, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local; e como convidado, unrepresentante da AA.VV “Ourense Centro”.
Os datos expostos amosan un descenso dun 5,75% do total das infraccións penais nestes primeiros seis meses de 2015 con respecto ao mesmo período do ano pasado. Os delitos computados baixan un 10,58%, sendo o 1,52% a baixada nas faltas rexistradas. A eficacia policial, en canto aos delitos, está por riba do 63%.A incautación de drogas medra en case 10 puntos con respecto ás cifras do ano anterior; así como un incremento no número de detidos. Tamén se precisou un aumento notable de persoas identificadas e vehículos revisados por parte da Brigada de Seguridade Cidadá da Policía Nacional e as distintas patrullas da Policía Local de cara a afondar no eido preventivo. Así mesmo, as Forzas e Corpos de Seguridade desenvolveron un total de 172 servizos humanitarios neste primeiro semestre: auxilio a persoas maiores que viven solas, persoas eivadas, casos de suicidios e apoio ao 061.
En canto ás tarefas administrativas de expedición de documentación, o CNP de Ourense xestionou 16.485 DNI`s en Ourense capital, e 1770 DNI`s nas vilas da provincia nas que se acude una vez ao mes: O Barco, O Carballiño, Celanova, A Rúa, Ribadavia e Xinzo de Limia; e nas que o traslado é trimestral: Maceda. A Pobra de Trives, Bande, Vianado Bolo, Cortegada, Castro Caldelas, e o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. O número de pasaportes expedidos foi de 3.057.
Plan Turismo Seguro 2015
Na Xunta de Seguridade tamén se falou da iniciativa, impulsada pola Secretaría de Estado de Seguridade, que se porá en marcha o 1 de xullo, coincidindo coa próxima tempada de verán co obxectivo de mellorar a seguridade no sector turístico a través da protección que proporcionan a diario os axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade, pero tamén a través de accións preventivas que eviten que se produzan actos ou comportamentos delictivos.
Co fin de lograr a máxima eficacia policial e incrementar a seguridade, potenciarase a coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado coas Policía Autonómica e Local a través das Xuntas de Seguridade. Así mesmo, intensificarase a colaboración do Corpo Nacional de Policía e da Garda civil coas institucións públicas e privadas que compoñen o sector turístico. Así mesmo, acentuarase a vixilancia e control preventivo en vías de comunicación urbanas e interurbanas, estacións, portos, aeroportos, hoteis e cámpings e, o reforzo de efectivos en espectáculos e acontecementos que supoñan grandes concentracións de persoas. Con respecto edicións anteriores, faise una aposta decidida polas novas tecnoloxías ao servizo da seguridade.
Declaracións
O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, congratulouse de que “o extraordinario traballo de colaboración entre as distintas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Policía Autonómica e a Policía Localreflíctese una vez máis nas estatísticas que hoxe manexamos na Xunta Local de Seguridade, e que amosan que Ourense é una das cidades cos índices delictivos máis baixos de Galicia e de España”. Dado a grande cantidade de recursos, festas e actividades de ocio cos que conta a provincia, sobre todo, neste período estival, “animo aos visitantes á participación e ao divertimento porque as nosas xentes son referencia de convivencia pacífica con todos aqueles que se acheguen, para descubrir una gran cidade e una extraordinaria provincia”.