Este 3 e 4 de xullo o municipio festexa o fin de curso con obradorios, música tradicional e contacontos.

O Centro Sociocultural do Picouto será o escenario de todas as actividades, que terán entrada gratuita, e están organizadas pola Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás.

O venres 3, ás 18 horas, terá lugar o obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata” dirixido oas máis pequenos, para os que inclúe merenda. De seguido, ás 20.30 horas celebrarase un festival coas actuacións dos grupos da Escola de Rebulir, e ás 21.30 haberá petiscos e refrixerios para todos os asistentes.

Xa o sábado, a partir das 19 horas, será o turno do primeiro Encontro C@ntadas cos veciños de Ramirás, no que non faltarán contos, lendas, vivencias e retrancas. A primeira xuntanza estará presidida por D. José Ramón Cabano (párroco), Celso Macías (levadeiro) e Carlos Méndez (mestre e escritor). O segundo, ás 20 horas, correrá a cargo do contacontos Celso F. Sanmartín.