Un grupo de veciños limparán a praza Maior este 2 de xullo ás 20.30 horas para denunciar o “desinterese” das institucións.
Un grupo de veciños de Xinzo de Limia denuncia o mal estado no que se atopa o municipio, principalmente, no ámbito da limpeza. “Rúas sucias, prazas lamentables, contedores de basura engorrosos, focos de ratas, cucarachas e pulgas, parques infantís abandonados…”, reclaman. Ademais, insisten en que aínda que “é unha asignatura pendente recoñecida polo alcalde, o tempo pasa e todo segue igual”.
Por iso, estes veciños levarán a cabo a limpeza da praza Maior, estes xoves 2 de xullo ás 20.30 horas, como protesta polo “desinterese absoluto por parte dos responsables institucionais polo noso pobo” e animalos a que se preocupen máis.