Comeza unha campaña de concienciación social na capital da Limia dirixida a toda a familia.

 

Este 2 de xullo a Fundación Repsol inicia unha campaña, baixo o lema «Todo es energía: la energía es el motor del mundo», npara concienciar á sociedade da importancia da enerxía. Así, a primeira parada do seu camión informativo será na praza Carlos Casares de Xinzo, onde estará instalado durante dodo o día para dar a coñecer a todos os que se acheguen o papel da enerxía na nosa vida, o reto actual de atender a necesidade da enerxía de maneira sostible e as últimas novidades en investigaciòn e innovaciòn da industria enerxética.

Dende a organización animan a que toda a familia, pais e pequenos, se cheguen ata este punto para coñecer de maneira divertida e amena o funcionamento da industria enerxética.