Columna claustro San Francisco

Técnicos municipais reparárona baixo as directrices do Ministerio de Cultura.

Unha das columnas que compoñen o Claustro de San Francisco, volve lucir no seu lugar de orixe trala rápida reparación levada a cabo por parte do Concello de Ourense.

O problema no fuste, que presentaba dúas fracturas, foi detectado por empregados municipais. De seguido deron conta da situación aos técnicos municipais de Patrimonio -arqueólogo e arquitecto-, que informaron ao Ministerio de Cultura sobre a incidencia.

Estes días tivo lugar a reparación, que foi realizada polos técnicos municipais baixo as directrices do Ministerio de Cultura.