A mostra pódese ver na sala Valente (antigo Banco de España).
A Concellería de Cultura do Concello de Ourense organiza diversas actividades para as próximas fins de semana no marco da exposición «Ourense imaxinado, que permanece no espazo expositivo Sala Valente». Serán talleres infantís – de 4 a 8 anos -, xuvenís – de 8 a 12 anos -, e tamén visitas guiadas.
O horario é o seguinte: o venres 10 de xullo ás 18.30 h taller infantil; o sábado 11 ás 12 h taller xuvenil; e o domingo 12 ás 12 h visita guiada. As actividades repítense a seguinte fin de semana: venres 17 ás 18.30 h taller xuvenil; sábado 18 ás 12 h taller infantil, e domingo 19 ás 12 h visita guiada.
Os talleres teñen un máximo de 15 persoas, e as persoas interesadas poden anotarse a través do enderezo ourenseimaxinado@gmail.com, ou na propia Sala Valente (606 968 321). Para as visitas chega con presentarse alí antes do comezo.
A exposición Ourense Imaxinado é o percorrido por un Ourense que non existiu, pero recoñecible a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos. Equipamentos, expansión e modernización, son os tres apartados que compoñen a mostra. As obras poderanse visitar na Sala Valente ata o vindeiro domingo 30 de agosto.