O Museo Municipal acolle esta mostra que se poderá visitar ata o vindeiro 30 de setembro.

Na presentación estiveron o concelleiro de Cultura, Francisco González, e a directora do Museo Municipal, Eva Torres, xunto co creador Xosé Rivada. A obra de Rivada forma parte do Museo desde o 2001, cando o Concello engadiu algunha peza súa aos fondos deste espazo expositivo.

No aspecto formal, Rivada traballa cunha perseveranza pigmentaria a partires de figuras populares, múltiples temáticas da nosa terra, perfís de cor, que modelan e moldean os seus diferentes soportes artísticos, cores frías que conseguen dar vida a parte máis figurativa, alcanzando en momentos unha abstracción cromática. A súa técnica é mixta conseguindo deste xeito o resultado que busca para cada obra. A súa escultura en evolución achega de certo xeito a «escultopintura», como el mesmo o define.

A exposición ocupa as Salas I e II do Museo e poderase visitar ata o vindeiro 30 de setembro.