Este obradoiro terá lugar o día 16 de xullo, en horario de 10:00h a 13:00h.

 

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo na que está incluida o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”, un obradoiro destinada a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.

A través deste obradoiro perséguense os seguintes obxectivos: coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia; acchegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de servizos sociais; dar a coñecer referentes cooperativos neste sector; e mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

Este obradoiro, dirixido tanto a axentes intermedios de servizos sociais e persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, terá lugar o día 16 de xullo, en Verín, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo, en horario de 10:00h a 13:00h.