As seis xuntas de área celebraranse todos os martes.
Despois de que os diferentes grupos municipais designasen aos membros que formarán parte das xuntas de área, o Goberno municipal vén de convocar as seis xuntas de área constitutivas para o vindeiro mércores. Tras esta toma de contacto para constituir cada xunta de área, estas reunións de traballo, deseñadas para dar conta da actividade realizada en cada área de goberno, celebraranse periodicamente cada martes, logo do acordo adoptado por todos os grupos municipais, que aceptaron deste xeito consensuar a proposta formulada polo grupo de goberno.
A xunta de área de Urbanismo e Vivenda estará presidida por José Jesús Cudeiro (PP), con Francisco González (PP), Pablo Prol e Ana Isabel Rebanales (DO), Carmen Rodríguez e Javier Rey (PSOE) e Martiño Xosé Vázquez (OueC) como vocais.
A xunta de área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Participación Cidadá, presidida por Pepe Araujo (PP), sendo vocais José Jesús Cudeiro (PP), Pablo Prol e Armando Ojea (DO); Juana Ageitos e Javier Rey (PSOE) e Miguel Doval (OueC).
Francisco González (PP) presidirá a xunta de área de Cultura, Educación, Termalismo e Turismo, da que formarán parte o popular Mario Guede, Laura Nóvoa e María Teresa Garrido de Democracia Ourensana, os socialistas José María García Tejerina e José Ángel Vázquez Barquero, e Ledicia Piñeiro de Ourense en Común.
A xunta de área de Benestar Social será presidida por Sofía Godoy (PP), sendo vocais Mario Guede (PP), Laura Nóvoa e María Teresa Rodríguez (DO), Concepción García e Carmen Rodríguez (PSOE) e Ledicia Piñeiro (OueC).
Jorge Pumar será o encargado de presidir a xunta de área de Promoción Económica, Comercio e Emprego, da que tamén formarán parte Ana María FErnández Morenza (PP), Ana Isabel Rebanales e Gonzalo Pérez Jácome (DO), Juana Ageitos e Concepción García (PSOE) e por OueC Miguel Doval.
Finalmente, a xunta de área de Facenda, Persoal e Servizos Xerais estará presidida por Ana Mª Fernández Morenza (PP), que estará acompañada de Jorge Pumar polo PP, Gonzalo Jácome e Armando Ojea por DO, José María García Tejerina e José Ángel Vázquez Barquero polo PSOE e Martiño Xosé Vázquez por Ourense en Común.