Terán lugar os días 17, 24, 31 de xullo e 7 de agosto.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves, organiza unhas xornadas, os días 17, 24, 31 de xullo e 7 de agosto, sobre o programa europeo Eramus+.
Estas xornadas teñen como finalidade dar a coñecer as posibilidades do programa europeo de mobilidade Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos. Mediante a colaboración e participación nun obxectivo común, axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear oportunidades de traballos.
O programa europeo Erasmus+, é o novo programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte, con vixencia 2014 – 2020.
As xornadas, que se impartirá na Oficina da Eurocidade Chaves-Verín (antigo posto fronteirizo sito en Feces de Abaixo), están destinadas a un máximo de 25 mozos e un mínimo de oito con idades comprendidas entre 18 e 35 anos residentes na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, con preferencia os residentes na Eurocidade.
As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo, antes do 16 de xullo, neste enlace: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=185