Barquero

O líder socialista solicita unha xunta de voceiros para que Jesús Vázquez explique as súas reunións coa ministra de Fomento e co presidente da Xunta.

 

O PSOE vén de solicitar por rexistro a convocatoria urxente dunha xunta de voceiros para que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, informe aos grupos políticos do resultado das súas recentes reunións coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Destas xuntanzas, o voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, conclúe que serviron para recoñecer “a parálise total dos proxectos extratéxicos da cidade que dependen doutras administracións, a renuncia do alcalde a defender os proxectos da cidade fronte a esas administración, e a burla aos cidadáns de Ourense por parte dos gobernos do PP.

En particular, no que respecta á chegada da alta velocidade á nosa cidade, Barquero recorda que en abril de 2012 o daquela alcalde, Francisco Rodríguez, mantivera unha reunión en Madrid coa ministra Ana Pastor, que se comprometera a definir “en cuestión de días a integración do AVE en Ourense de forma coordinada co Concello e coa Xunta. Os días convertéronse en meses e os meses en anos”. Transcorrido este tempo, o único avance –sinala o socialista- é a decisión de crear “unha comisión de seguimento e que á mesma incorpórase a Deputación”.

En igual situación está, a xuízo do voceiro do PSOE, a circunvalación norte: “prométese unha dotación orzamentaria nos orzamentos do estado de 2016 cando foi negada nos últimos anos”. En canto á ronda termal “supedítase ao desenvolvemento da circunvalación norte, o cal implica aprazar sine die a construcción”.

O encontro entre Vázquez e Feijoo é “máis do mesmo” para Barquero. Sobre a estación intermodal, “afirmaron que estaría licitada en 2016, cando a ministra de Fomento dous días antes non fai referenza nin a prazos nin a licitacións e que saibamos é unha infraestrutura de Fomento, non da Xunta”. Por iso considera que o prometido por alcalde e xefe do Executivo galego é un “brinde ao sol”.

En concreto, sobre o transporte metropolitano, o socialista opina que a proposta da Xunta “vai en contra dos intereses dos nosos cidadáns” e “pretende repercutirlle ao Concello de Ourense boa parte dos custos que terían que asumir outras administracíons”.

Non que ten a ver co PXOM, a Barquero “chirríalle” a resposta de Jesús Vázquez no sentido de que non hai prazos para aprobalo. “Que se pretende? Deixar caer o procedemento urbanístico? Deixalo morrer ou reiniciar o proceso co cal o Concello perdería seis anos?”

O político socialista conclúe que o que fai o rexedor popular con estas xuntanzas é “márketing político”. Así, Jesús Vázquez “se limita a manter reunións e non avanzar en ningún tipo de proxecto e transmitir á cidadanía e aos medios de comunicación unha sensación de que se está a facer algo”, valoraba Barquero.